miércoles, julio 13, 2005

EXCLUSIVA : FUTURO MULTIUSOS


Futuro multiusos :
Este é o plano do futuro multiusus do Páramo
en Exclusiva para A.O.P

O FUTURO MULTIUSOS : UN PROXECTO PRESCINDIBLE POLO DE AGORA !

Tempo se leva falado do futuro multiusos do Páramo que se ten proxectado facer onde están as Escolas Vellas e a Cámara nese espacio que quedaría o derruirense os que están .
Levou tempo elexir a ubicación: que se no prado de Taboada , que se no fondo da Feira , etc .
Despois díxose que había que facelo a toda presa : planos ,proxecto , lugar , que se a Xunta cambiaba de signo político e deixaba de mandar o PP non viría un duro para aquí .
Ahora as novas seguen a aparecer día a día de novo na Prensa a última desta semana .
Sin duda un multiusos é necesario e é unha boa idea para un Pais como O Páramo .

Sin embargo ó meu parecer cometeronse varios erros :


1.Precipitación da redacción de planos e proxecto .
2.Non se consultou ós veciños como se faría noutros nucleos para que co seu voto elexisen o lugar e sobre todo sobre a tipoloxía do edificio a escoller entre distintas feituras : elexir por votación de entre distintos proxectos feitos por arquitectos diferentes .
3.Que ainda así vanse destruir edificacións existentes para construir outras novas : que tardaran anos en rematarse .
4 .Que un Multiusos é necesario pero non primordial , e que a falta de diñeiro sería millor invertir noutras cousas : libros , bibliotecas , infrastructura , etc .
5 .Que edificios públicos no Páramo por haber hai moitos e dabondo o que falta e acondiconalos e darlles uso : Cámara agraria , consistorio , Colexo ( pronto quedara vacio de nenos ) , Casa do Médico , etc .
6.Que se mais ou menos a obra custa 120 millóns de pesetas e a Xunta tan so aporta 20 millóns , os 100 restantes teñen que sair do Concello e eso implica máis endebedamento e gastos nun momento no que a obra non é imprescindible
7.Que o primordial non é O Páramo nin construir nel proxectos faraónicos , senón os parameses e o seu benestar .
8.Que a inversión de diñeiro Público nesa obra levará como consecuencia a falta de diñeiro noutras obras de máis necesidade .
9.Que o aforro e a eficiencia e a liquidez pública deben orientar a acción do goberno local .
10.Que o prioritario e ó benestar dos parameses e garantir que estes poidan ter un futuro asegurado no seu Pais :( O Páramo ) cousa que polo de agora non acontece .
11.Que a Equipa de Goberno debe encamiñar todos os seus esforzos en crear emprego :parque empresarial , bolsa de traballo pública , etc máis que invertir nun multiusus polo de agora non imprescindible .
12.E que por último o Colexo á espera duns anos pronto quedara valdeiro e será un edificio onde non se impartan clases e para daquelas o actual Colexo será o mellor multiusos


Vinculos :

Noticia do Progreso sobre multiusos pegada no foro (+pincha aquí )

Noticia do Progreso mes de abril (+pincha aquí )

3 Noticia do Progreso sobre multiusos (+pincha aquí )

Mundo Toleiran ( Humor ) : El Equipo de Gobierno de O Páramo deja tirados a los habitantes de "Base Lunar-Campo da Feira " y sin ruedas en vehículo por falta de presupuesto para construcción de Multiusos (......+pincha aquí )


Copyright © 2005 Correo de Vilarmosteiro. Todos os dereitos reservados