O internet de subida e baixada : Unha posibilidade realista para O Páramo
O internet de baixada e subida via satellite sería o futuro para O PÁRAMO extendendo a través do wi-fi
Foto : Parábola no Páramo
Concellos como o de Olba en Teruel a través de Aramiska , xa fixeron servir ós seus veciños un Internet de subida e baixada a prezos moi económicos .
Ainda que temos o Internet Rural este da unha cobertura limitada en 100 metros de wi-fi ós toxos e ás xestas , pois a casa Consistorial é unha casa aillada sen núcleo ó redor .
Como o Internet Rural é homologado polo Estado é moi dificil que se puidese ampliar o sinal desde ese punto ( habería que estudalo pero en todo caso paréceme dificil que o autorizasen ) .
A solución pasar por instalar outro punto de subida e baixada de Internet a través do Concello e logo a partir de alí extendelo via wi-fi baixo demanda ( ós lugares onde previamente se solicitara ) e deberían ter sempre prioridade aqueles pobos sen fio de cobre ( Samamede ou Santandrea ) que non chega o teléfono de fio .
Ler : Proxecto wi-fi para O Páramo
Ler : Empresa Aramiska desenrolou o proxecto de Olba en Teruel
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home