Alegacions Xerais contra o PXOM do Páramo
, Comparezco ante este Excmo Concello e como mellor proceda en Dereito DICE
Que en data do 10 de agosto do 2005 se publicou no Diario Oficial de Galicia número 153 anuncio de información pública deste concello acerca da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Páramo , efectuada por acordo do Pleno da Corporación do 28 de xullo de 2005 , someténdose a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do mesmo no mencionado diario .
Que en virtude do contido no mencionado anuncio e estudiado o Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Páramo, e unha vez examinadas as prescripcións que no mesmo se conteñen , por medio do presente escrito e en tempo e forma , formalizo frente ó Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Páramo as seguintes :
ALEGACIÓNS
CUESTIÓN PREVIA
Consideramos que a falta de norma algunha no Concello do Páramo ( pois soamente existían as Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento ) unha necesidade que un Concello moderno poida contar con un instrumento de planeamento que racionalice o territorio .Máis anque no conxunto do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Páramo ( en adiante PXOM do Páramo) vemos elementos positivos éste carece en varios aspectos dunha visión de futuro ampla e ambiciosa en canto o futuro desenrolo urbanístico do Páramo e pecha moitas aspiracións veciñais que para esta Asociación se consideran prioritarias .
Consideramos que o maior problema deste Concello é que non hai unha visión de conxunto , falla unha idea de futuro sobre como e para onde dirixir O Páramo dos próximos anos .Diciámos que este planeamento carece de ambición pois para nós o feito de contar nos próximos anos coa Autovía Lugo-Sarria ( por ahora Corredor ) , máis xunto co polígono industrial á sua beira , e a estación de mercadorias da futura liña de tren dannos os eixos xerais do futuro do Páramo .
O proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal que se atopa en fase de información pública adecúa o planeamento urbanístico municipal á Lei de Ordenación Urbana y Protección do Medio Rural de Galicia, Lei 9/ 2002, de 30 de decembro, (LOUGA).
Dito proxecto responde ós mandatos da Lei tanto no que se refire ó planeamento urbanístico da totalidade do Municipio, como á súa posterior execución, do que se deduce a súa vocación de permanencia no tempo, a fin de levar a cabo as previsións que nél se conteñen.
Non podemos obvia-lo carácter imperativo dos preceptos legais, e a necesidade de axusta-lo proxecto de Plan Xeral ó que a mesma dispón. Pero non é menos certo que O Páramo é un municipio con caracteres propios, ( pequeno tamaño, natureza rural, necesidade de desenvolvemento racional, etc ), que tamén obrigan a redactar un Plan que se adecúe a ditas circunstancias, e responda ás necesidades dos veciños e de calquera persoa física o xurídica que teña relación co término municipal.
ALEGACIÓN PRIMEIRA
O art. 4, LOUGA recolle os fins ós que debe atende-la actividade urbanística, pero o proxecto de PXOM non da cumprimento a algúns destes principios, a saber:
a) “ Asegurar que o solo se utilice en congruencia coa utilidade pública e a función social da propiedade, garantindo o cumprimento das obrigas e cargas legalmente establecidas ”.
A falta de previsión de núcleo urbano, coas conseguintes reservas de solo para uso público, e doutros sistemas xerais e elementos dotacionais, fainos pensar nun Plan de mera reordenación de fincas de natureza privada, pero sen prestar atención a dita función social da propiedade, e á posición do Concello como Administración pública ó servicio do interese xeral.
b) “ Asegura-la participación da comunidade nas plusvalías que xenere a acción urbanística dos entes públicos”.
O proxecto de PXOM destina escasa superficie a solo de uso industrial, apenas 10,3 has., de forma que a posibilidade de xeneración de ditas plusvalías se ve recortada, así como en xeral as posibilidades de crecemento económico, comercial e industrial do conxunto do Municipio.
A calificación do solo, na súa práctica totalidade, como núcleo rural ou rústico, pon trabas ó desnvolvemento racional e sostible da actividade comercial, industrial, terciaria, condeando ó Páramo a permanecer como un municipio de carácter rural, sen poder evolucionar cara outros formas de actividade económica.
“e) Armoniza-las esixencias de ordenación e conservación dos recursos naturais e da paisaxe rural e urbana co mantemento, diversificación e desnvolvemento sostible do territorio e da súa poboación, para contribuir a eleva-la calidade de vida e a cohesión social da poboación”.
Ó fío do exposto na alegación anterior, as trabas á xeneración de riqueza dificilmente axudan a un desenvolvimento sostible, se se convirten en motivo para que os asentamentos poboacionais urbano “se baleiren”, ó obrigar ós veciños a buscar outros medios de desenvolvemento persoal, laboral,etc.
“d) Preserva-lo medio físico, os valores tradicionais, as señas de identidade e a memoria histórica de Galicia.”
A construcción prevista dun parque eólico no Monte do Páramo non parece a forma más axeitada de salvagarda do medio físico, e tampouco ten relación cos valores tradicionais galegos. Asemade, nos propugnamo-la creación de fontes de riqueza e emprego para o Concello, que sexan innovadoras, pero que non choquen frontalmente co medio físico tradicional galego.
A solución óptima sería aquela que conxugara innovación no fomento da riqueza e respeto polo medio ambiente, que é o que entendemos nos como desenvolvemento sostible.
“g) Consegui-la integración armónica do territorio e protexe-los valores agrarios, forestais e naturais y a riqueza e variedade arquitectónica fomentando o emprego das formas constructivas propias das diversas zonas y garantindo a súa integración no medio rural.”
A calificación de solos como de especial protección en solo rústico realizouse sen ter en conta a situación real do campo no Páramo, blindando amplias áreas rurais con proteccións especiais e limitación de usos que impiden o seu normal desenvolvemento e aproveitamento.
“h) Fomentar la ordenación y mejora de los núcleos rurales, evitando la degradación y la pérdida de las construcciones tradicionales, favoreciendo el uso y disfrute del medio rural.”
Na elaboración do proxecto de Plan tivéronse en cuenta arquivos históricos de núcleos rurais que non se corresponden coa realidade actual de asentamentos poboacionais no Municipio, omitíndose núcleos que existen efectivamente, e non son recoñecidos como tais.
ALEGACIÓN SEGUNDA
Recoñecemento inmediato da xa estistencia dun núcleo urbano no entorno norte do Campo da Feira .
Esta alegación vai centrada única e exclusivamente no coñecido como actual núcleo de O Páramo ( o entorno do Campo da Feira )
Todos sabemos que O Campo da Feira é un lugar único en Galicia . O esforzo de Don Jesús Mendéz ( salvador de tido patrimonio natural e creador da Asociación de Amigos ) foi decisivo para que hoxe contemos con dos Campos da Feira máis fermosos de Galicia. Máis á lograda salvación de dito Campo da Feira faltou sempre unha visión de conxunto e de futuro para O Campo da Feira .Ningúen ten unha idea moi clara de cómo debería medrar ese futuro núcleo .En repetidas comparecencias ante o Pleno do Concello o Alcalde reafirmouse na idea de facer un grande núcleo de casas unindo Vilarmosteiro con Seoane e Lamacemón .No PXOM o barrio do Campo da Feira ( ahora chamado núcleo de O Páramo ) está catalogado como suelo de núcleo rural e conta con grandes zonas de Expansión .O equipo redactor recolleu o guante do Alcalde de crear un gran núcleo unindo pobos en vez de crear un núcleo urbano esteticamente moi fermoso preservando os núcleos rurais do seu entorno e salvagardando o Campo da Feira de ser pechado entre cemento .
A pesares de que sempre e reiteradamente foi unha aspiración municipal de todos os equipos de goberno e dos partidos da oposición de crear un núcleo urbano no entorno do Campo da Feira négase completamente esta posibilidade .
Como se explica na Memoria do Plan, o equipo de Ordenación Territorial da Universidade de Santiago de Compostela foi o encargado da redacción das Normas Subsidiarias Municipais de Planeamento. Pero coa entrada en vigor da Lei 1/97, de 24 de marzo, Lei do Solo de Galicia, foi obrigado pasar das NSMP a Proxecto de Ordenación do Medipo Rural.
Asimesmo, no ano 2002 promúlgase a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, Lei na que desaparece a figura do Proxecto de Ordenación do Medio rural, sendo o único instrumento de planeamento posible o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O art. 53 da devandita Lei recolle como unha das determinacións xerais dos PXOM a “clasificación do solo de todo o término municipal en todos ou algún dos distintos tipos e categorías establecidos nesta Lei”.
Estes tipos e categorías son os do art. 10, LOUGA: “ clasificación do solo.
Os plans xerais de ordenación municipal deberán clasifica-lo territorio municipal en todos ou algúns dos seguintes tipos de suelo: urbano, de núcleo rural, urbanizable e rústico”.
Sin embargo, o equipo redactor só prevé para o término munipal de O Páramo solo de núcleo rural, solo urbanizable e solo rústico, con diversas clases de protección.
Entendemos que a omisión da delimitación de solo urbano non ven xustificada no proxecto de PXOM, pois a memoria limítase a suliñar que “non se desenvolveu ningunha zona en concreto que así poida ser considerada”.
Pero o que si se pode demostrar é a existencia dun núcleo poboacional no Campo da Feira, que si cumpre os requisitos de feito e legais para ser calificado como solo urbano.
As condicións de feito son que o núcleo do Campo da Feira desde sempre se considerou como capitalidade do municipio, e nel se sitúan as instalacións tanto públicas como privadas máis relevantes:Futuro multiusos - Casa do Concello xa licitado , Centro de Saude, Colexo Público con Pistas Cubertas , Pavillón Polideportivo , Cámara Agraria , Antigas Escolas ( locais sociais de reunión ) , Casa do Médico ( futura casa da Cultura ) , Supermercado , Perruquería , , dúas Cooperativas , talleres , Bares, , etc. .
Asimesmo, o art. 11, LOUGA describe o solo urbano:
“1. Os plans xerais clasificarán como solo urbano, incluindoos na delimitación que a tal efecto establezan, os terreos que estean integrados na malla urbana existente sempre que reúnan algún dos seguintes requisitos:
a) Que conten con acceso rodado público y cos servicios de abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e suministro de enerxía eléctrica, proporcionados mediante as correspondentes redes públicas con características adecuadas para servir á edificación existente y á permitida polo planeamento.
A estes efectos, os servicios construidos para a conexión dun sector de solo urbanizable, as vías perimetrais dos núcleos urbanos, as vías de comunicación entre núcleos, as estradas y as vías da concentración parcelaria non servirán de soporte para a clasificación como urbanos dos terreos adxacentes, salvo cuando estean integrados na malla urbana.
b) Que, ainda carecendo dalgunhos dos servicios citados no apartado anterior, estean comprendidos en áreas ocupadas pola edificación, ó menos nas duas terceiras partes dos espacios aptos para ela, segundo a ordenación que o plan xeral estableza.
2. Os efectos da presente Lei considéranse incluidos na malla urbana os terreos dos núcleos de poboación que dispoñan dunha urbanización básica constituida por unhas vías perimetrais e unhas redes de servicios das que poidan servirse os terreos e que éstes, pola súa situación, no estean desligados do entramado urbanístico xa existente”.
No núcleo do Campo da Feira cúmprense tódolos requisitos que o precepto transcrito esixe para ser calificado como solo urbano:
- No núcleo do Campo da Feira hai unha malla urbana, integrada polas vivendas dos veciños, edificacións destinadas a usos terciarios e industriais, así como edificios de uso público que xa enumeramos anteriormente, ( Casa do concello, PAC, polideportivo, etc ).
- Hai acceso rodado público, abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e suministro de enerxía eléctrica, a través de redes públicas que prestan ditos servicios, así como tratamento de residuos sólidos urbanos, lÍneas de telefonía fixa e móvil, etc.
- Hai un grao de urbanización xa consolidado, conformado por un entramado de vías e rúas que dan cohesión ós edificios do núcleo, e lle confiren carácter unitario ó conxunto de Campo da Feira.
Compre recalcar que o recoñecemento de núcleo urbano permitiría un desenvolvemento de Campo da Feira máis axeitado ó papel que xa desempeña, o de capitalidade municipal, así como a centralización dos servicios e actividades de interese xeral, sexan éstes prestados por entes públicos ou privados. Dita centralización redunda en beneficio dos veciños do medio rural, ós que se lles facilita a satisfacción das súas necesidades máis básicas, sen ter que desprazarse a localidades doutros Concellos .A centralización de servicios é básica , pois para que o Concello do Páramo teña futuro e subsista como tal é necesario dispor dun núcleo urbano que consolide e sexa o eixo de crecemento do resto do Concello .Necesitamos crear un espacio de vida habitable para as persoas, para que o Escola poida seguir funcionando e non peche , nin os médicos marchen por falta de xente , ou o supermercado ,etc. .
Asimesmo, a calificación de solo urbano, co réxime xurídico que conleva, permite un desenvolvemento máis racional e sostible de Campo da Feira, e permitiría recupera-la actividade que lle deu nome: a de recinto feiral e adicado ó comercio e a ser un lugar residencial para xente que traballe en Lugo ou en Sarria .
Tal desenvolvemento racional e sostible ven apuntalado polo disposto no artigo 54 da LOUGA , que enumera as determinacións en solo urbano consolidado que debe plasma-lo PXOM :
“Os plans xerais de ordenación municipal conterán en solo urbano consolidado as seguintes determinacións:
a) Delimitación do seu perímetro.
b) Calificación dos terreos, entendida como a asignación detallada de usos pormenorizados, tipoloxías edificatorias e condicións de edificación correspondentes a cada zona.
c) Delimitación dos espacios libres e zonas verdes destinados a parques e xardíns públicos, zonas deportivas, de recreo e expansión, indicando o seu carácter público o privado.
d) Emprazamentos reservados para dotacións, equipamentos y demáis servicios de interese social, sinalando o seu carácter público ou privado y as condicións de edificación garantindo a súa integración no entorno en que se deban emprazar.
e) Regulación detallada dos usos, volume y condicións hixiénico-sanitarias dos terreos e construccións, así como as características estéticas da edificación e do seu entorno.
f) Trazado y características da rede viaria pública, con sinalamento de alineacións e rasantes.
g) Previsión de aparcamentos de titularidade pública, que poderán ubicarse incluso no subsolo dos sistemas viarios e de espacios libres, sempre que non interfiran o uso normal destes sistemas nin supoñan a eliminación ou traslado de elementos físicos o vexetais de interese.
h) Características e trazado das redes de abastecemento de auga, alcantarillado, enerxía eléctrica y aqueles outros servicios que, no seu caso, prevexa o plan.
i) No seu caso, establecemiento de prazos para a edificación.”
Ditas determinacións , especialmente as referidas a reservas de espacios libres e zonas verdes , dotacións ,equipamentos e demais servicios de interese social , son de obrigado cumprimento tanto para os particulares , como para as Administracións públicas .Dita obrigatoriedade facilitaría a implantación efectiva de tales elementos de uso común e dos que o Concello se ve necesitado , como sería o caso do futuro Multiusos ( léase a letra d) do artigo 54 da Louga arriba mencionada )
ALEGACIÓN TERCERA
FUTURO NÚCLEO SOLO URBANO SEN CONSOLIDAR A DESENROLAR POR PERIS :
A racionalización do entorno do Campo da Feira a través da continuación e crecemento do actual núcleo urbano por medio de PERIS nun futuro espacio de crecemento de Súelo Urbano sen consolidar contribuiría a :
A) Un menor dano ecolóxico sobre do entorno do Campo da Feira , ó crear unha futura maia urbana separada del e nun menor e reducido espacio , preferiblemente fose conformada por construccións de tipo unifamiliar en trazado de rúas e xardíns .
B) Colocar un maior número de pobación en espacios máis reducidos , fronte a situación actual de Núcleo Rural que provoca a limitación de solo construíble , construíndo de xeito desordenado e ocupando moi espacio ( unha casa por finca ) e de xeito desordenado .
C) O desenrolo dun futuro Núcleo Urbano a través de PERIS , na zona entre carreteras ( futura carretera Ciguñeira –Casa de Taboada de Abaixo ) orientación norte –este e sempre e cando fose un lugar residencial atractivo para vivir levaría a moitas familias de Lugo e Sarria a comprar vivendas unifamiliares na zona do Campo da Feira , provocando un aumento de pobación no Concello e a conservación dos servicios existentes no Campo da Feira e a ampliación de máis servicios .
Entenderán agora mellor en base a estes argumentos a falta de ambición coa que nace o PXOM do Páramo .Estar a dez minutos en coche por Autovía de Lugo e a cinco minutos de Sarria colocará ó Páramo nunha posición xeoestratéxica onde desta volta o que importa é facer as cousas ben .Fronte os desastres urbánisticos do pasado que hipotecaron o futuro urbanístico de Lugo e a súa estética e outro tanto da Vila de Sarria , o termos a día de hoxe o entorno do Campo da Feira nun estado case virxe urbanísticamente nos obriga a aprender dos erros do pasado e a facernos máis responsables cara as nosas xeracións e darlles no noso concello un futuro de vida sostible e duradeiro ó termos todo na mao .
Cremos polo tanto que os criterios de desenvolvimento urbano dun futuro núcleo con calificación de urbano deberían ser os seguintes :
A) Consideramos que unha oferta urbanística integrada na oreografía do térreno (exemplo :Peter Eisenman ) e ondulante , buscando as formas e xeitos da natureza e con xeitos de curvas e sinuosos en vez de crear un modelo cuadricular e racional clásico .
B) Preservando os núcleos rurais ( núcleo rural de Vilarmosteiro , Lamacemón , O Agro ) e a súa calificación como núcleos rurais en vez de ser devorados pola voráxine urbanística se fose o caso .E que calquer crecemento de ditos núcleos sexa sempre baixo o ámbito da catalogación de núcleo rural e de zona de expansión .
C) Preservando o entorno do Campo da Feira de ser engulido e cercado por cemento , e incluso certas paisaxes no seu entorno ( como permitir visionar o núcleo de pedra e o campanario da igrexa románica desde O Campo da Feira ) ou o núcleo de pedra do Agro e as vistas á serra do Páramo desde o alto da escola).
D) Considerando o Campo da Feira como unha zona de tránsito e unión co futuro desenvolvimento urbanístico , por un lado e a unión coa natureza pola outra banda do Campo da Feira ( que o Campo da Feira sexa a unión entre a natureza e a urbe e nunca un lugar natural cercado pola urbe ) .Máis amplamente poderiamos considerar esta idea como un diálogo coa natureza , da urbe co rural e o Campo .(exemplo : cidade Hilderberg ( Alemaña ) .Consideramos que o futuro urbano do entorno do Campo da Feira debe facerse cara o lado este e lado norte , e evitar o crecemento sempre o seu crecemento cara os lados oeste , noroeste e suroeste .( Idea orixinal prantexada polo arquitecto Antonio de Vega na exposición ó público do planeamento nas escolas de Vilarmosteiro o 9 de novembro do 2000 ) .
E) Crear un modelo urbano novedoso , con amplísimos espacios verdes , e solo dotacional , atractivo para vivir .Recalcamos este punto porque consideramos que a clave do futuro deste núcleo non radica en crear un núcleo grande e desordenado sen máis ( como pretende o Equipo de Goberno do Páramo ) máis que crear un entorno agradable e urbanísticamente modélico para facelo atractivo e atraer xente de fóra a vivir .
F) Trasladar as naves e empresas de tipo industrial existentes no Campo da Feira a través de incentivos por parte do Concello ó futuro polígono industrial .
Contamos cunhas grandes potencilialidades de crecemento intrínsecas a beleza do Campo da Feira e do seu entorno polo que o crecemento non debe importar tanto o qué senón o como .E unha magoa que os nosos gobernantes aínda que conscientes das súas potencialidades non teñan unha idea de futuro sobre como debería ser o densenvolvimento urbano do Campo da Feira .Pois consideramos que a día de hoxe esta carencia , a falta de unha idea de futuro sobre como debe de ser o entorno urbano é o maior impedimento o futuro do Páramo que debería ser capitaneado por unha capitalidade modélica e atractiva para vivir .
ALEGACIÓN CUARTA
Ó fio do anteriormente dito, e ainda a pesares de ser unha petición reiterada en Pleno polos grupos da Oposición ( PSOE e BNG , e distintas Asociacións e persoas físicas a través de notas de prensa ) e de ser unha constante proposta para o Equipo Redactor do PXOM do Páramo, Lendo o PXOM na Estrategia de Actuación e Estudio Económico non se contempla , nin se prevé ningunha actuación referente a construcción dun cemiterio público a pesares de ser unha prestación obligatoria da Ley 7/1985 de 2 de abril de Bases de Réxime Local . ( Artigo 26 .1.A ) e do estado ruinoso de gran parte dos cemiterios públicos do Concello , sobre todo das parroquias da zona norte , principalmente , Vilarmosteiro , Neira e Vilasante que o teñen enclavado nos seus respectivos núcleos .Decir a respecto desto que a situación dos cemiterios no Paramo e insalubre e ruinosa, e inviable na sua maioria .
Esta falta de estudo no PXOM a respecto dos cemiterios caúsanos sorpresa e un certo malestar , pois consideramos que un cemiterio público para o concello é unha obra prioritaria .Quixera afondar no estudo de dito problema que non menciona o PXOM cos seguintes datos :
A partires dos anos sesenta empezouse masivamente a construir nos adros das igrexas nichos excavados de cemento excavados na terra feitos de forma caotica e sen control por parte do poder civil .Cando antes se facía en terra e en menor espacio , a terra aceleraba os procesos bioloxicos, cousa que os nichos de cemento non fan .
A construccion dos nichos veu a agrabar o problema , enclavados na maioria dos casos no interior de núcleos rurais tradicionais , afectando as augas de bebida , e sendo posible causa de infeccions nas traidas de auga .
Un dos casos mais graves e o do Cemiterio de Vilarmosteiro , enclavado nun núcleo rural tradicional , causa continuos malos olores nas epocas de calor , contamina as augas de bebida , e a mesma construccion de nichos en torno os muros da igrexa romanica esta a debilitar pouco a pouco a acimentacion da igrexa , dun templo romanico que data de antes do 1229 .
En canto o seu futuro , xa non hai sitio para mais nichos nel , para unha parroquia na que se quere construir un núcleo urbano ó fio da alegación anterior en torno o Campo da Feira e que precisa dun adecuado cemiterio para o futuro se se quere que o Campo da Feira sexa a futura capital do Paramo
Pero a parte do de Vilarmosteiro , que e o mais grave debido a que a poboacion medrou e medrou e seguira medrando demandando a compra de nichos onde xa non queda espacio , a situación dos demais cemiterios e igual de negativa .
Asi esta Vilasante , enclavado no medio e medio do núcleo de vivendas e cerca do rio que tamen esta sen espacio
O de Saa , ampliado nos anos 70 de forma fragrante , ou o de Neira , son alguns dos moitos que estan nunha situación ruinosa e insalubre , en todos eles se xeneran os problemas aludidos , constantes olores nos meses de calor cando se realiza un enterramento , contaminación de augas subterráneas ,inviabilidade de futuro , e creando unha sensación de gran abandono , son todos eles antiesteticos , e pouco agraciados a vista .
A ley 7/1985 , de 2 de abril Reguladora das Bases de Rexime Local , base xuridica para o funcionamento desta Administración , recolle no seu artigo 18 como un dereito e deber dos vecinos do Paramo no apartado G de dito artigo 18 o seguinte e cito textualmente
: Art 18.- Son dereitos e deberes dos vecinos:
g) Esixir a prestación e no seu caso o establecemento do correspondete servicio publico , no suposto de constituir unha competencia municipal propia de carácter obligatorio
O Artigo 26 da Ley 7/1985 de 2 de abril di e cito textualmente
“1 Os concellos por si ou asociados deberan prestar , en todo caso os servicios seguintes
A) En todos os Concellos do Estado :
Alumeado publico , cemiterio , recollida de residuos , limpeza viaria , abastecimento domiciliario de auga potable , alcantarillado , acceso os núcleos de poboacion , pavimentación das vias publicas e control de alimentos e bebidas .”
Para ser mais precisos os servicios minimos os que se refire a legra G do Art 18 son os enumerados no artigo 26 desta Lei ,, cuia cobertura financiera debe de estar prevista nos Presupostos Municipais .
Ademais a Comision de Goberno do Concello do Paramo debería considerar con urgencia a prevision do apartado G do Art 18 no que a demanda de tales infrastructuras pode articularse mediante a impugnación das partidas presupostarias que non contemplen ese debido financiamento dun futuro e inmediato cemiterio publico municipal , seguindo para elo o que di o artigo 151 da Lei 39/1988 de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais .
Ademais en canto o CAPITULO III no que o Artigo 25 da mesma Lei 7/1985 de 2 de abril acrecenta ainda mais a responsabilidade do Grupo de Goberno o referirse as competencias , entre as que situa a Salubridade e Cemiterios e asi di e cito textualmente dito artigo .
“1 O Municipio para a xestion dos seus intereses e no ambito das suas competencias , pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servicios publicos contribuan a satisfacer as necesidades e aspiracions da comunidade vecinal
2 O Municipio exercera en todo caso , competencias nos termos da lexislacion do Estado e das Comunidades Autonomas ,nas seguintes materias:
h)Proteccion da Salubridade Publica
j) Cemiterios e Servicios Funerarios .”
Ainda a pesares de na Memoria do PXOM contemplarse a legislación sectorial no eido tocante ós cemiterios simplemente se limita a mencionala máis os responsables do PXOM repararon que no DECRETO 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria máis non no Artigo 26.1.A da Ley 7/1985 de 2 de abril de Bases de Réxime Local .
ALEGACIÓN QUINTA
Adviertense certos erros tipográficos continuos no planeamento entre os que poderían destacarse os máis chamativos :
A) A parroquia de Santiago de Saa , aparece erróneamente con unha sóa a ( Sa ) .
B) A igrexa de Vilarmosteiro é un templo Románico e non Barroco .
ALEGACIÓN SEXTA
Resulta incromprensible para esta Asociación como nuns casos aparece unha soa casa baixo a catalogación de núcleo rural , casas sen ser catogadas tan siquera como lugares e que noutros casos lugares con unha soa casa e considerados así no Nomenclator da Xunta e con accesos por carretera e indicadores como Vigodefondo ou Lamabecerros non figuren como núcleos rurais .Núcleos como o de Trebolle ( o segundo núcleo en importancia despois do Campo da Feria ) carece por completo de zona de expansión
ALEGACIÓN SÉPTIMA
Na LOUGA prévese como condición de edificabilidade en solo de núcleo rural edificaciones de baixo máis unha planta, cun máximo de 7 metros de altura. Sin embargo, o PXOM é máis estricto, en canto limita a posibilidade de altura máxima a 6 metros. Entendemos inxustificada esta restricción, que retrae ós posibles residentes en solo de núcleo rural, tanto para vivendas habituais, cimo segundas residencias, un dos motores de edificación máis importantes nun municipio a 25 km da capital provincial, Lugo.
Polo exposto
SOLICITO, que tendo por presentado este escrito, se sirva admitilo, téndose en conta as anteriores propostas e suxerencias no proceso de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Páramo.
En O Páramo, a 11 de outubro de 2005
O ILMO. SR. ALCALDE DE O PÁRAMO