viernes, julio 22, 2005

Un caso de xustiza Social

Hoxe navegando por Internet encontrei a web desta muller que reclama un pouco de solidaridade das Institucións e dos Particulares .Pareceme que o que dice na Web é verdade . Sin duda é unha pena que se den casos como estes en España , onde as coberturas sociales deberian estar garantizadas para todo o mundo .Esto fainos reflexionar que os nosos problemas da vida cotidiana son meras estupideces .Creo que desde as Arcas Municipais ,¿ non se poderia artellar algún tipo de fondo para donativos , ou problemas sociacias dos que tivera coñecemento esta institución ? ¿O concello do Páramo non poderia facer un pequeno donativo a esta pobre muller a modo de beca de estudio ou de algo ? ¿ e poderá facer algo o Concello de Lugo ? .
(+pinchar aquí para ir á web )

miércoles, julio 13, 2005

EXCLUSIVA : FUTURO MULTIUSOS


Futuro multiusos :
Este é o plano do futuro multiusus do Páramo
en Exclusiva para A.O.P

O FUTURO MULTIUSOS : UN PROXECTO PRESCINDIBLE POLO DE AGORA !

Tempo se leva falado do futuro multiusos do Páramo que se ten proxectado facer onde están as Escolas Vellas e a Cámara nese espacio que quedaría o derruirense os que están .
Levou tempo elexir a ubicación: que se no prado de Taboada , que se no fondo da Feira , etc .
Despois díxose que había que facelo a toda presa : planos ,proxecto , lugar , que se a Xunta cambiaba de signo político e deixaba de mandar o PP non viría un duro para aquí .
Ahora as novas seguen a aparecer día a día de novo na Prensa a última desta semana .
Sin duda un multiusos é necesario e é unha boa idea para un Pais como O Páramo .

Sin embargo ó meu parecer cometeronse varios erros :


1.Precipitación da redacción de planos e proxecto .
2.Non se consultou ós veciños como se faría noutros nucleos para que co seu voto elexisen o lugar e sobre todo sobre a tipoloxía do edificio a escoller entre distintas feituras : elexir por votación de entre distintos proxectos feitos por arquitectos diferentes .
3.Que ainda así vanse destruir edificacións existentes para construir outras novas : que tardaran anos en rematarse .
4 .Que un Multiusos é necesario pero non primordial , e que a falta de diñeiro sería millor invertir noutras cousas : libros , bibliotecas , infrastructura , etc .
5 .Que edificios públicos no Páramo por haber hai moitos e dabondo o que falta e acondiconalos e darlles uso : Cámara agraria , consistorio , Colexo ( pronto quedara vacio de nenos ) , Casa do Médico , etc .
6.Que se mais ou menos a obra custa 120 millóns de pesetas e a Xunta tan so aporta 20 millóns , os 100 restantes teñen que sair do Concello e eso implica máis endebedamento e gastos nun momento no que a obra non é imprescindible
7.Que o primordial non é O Páramo nin construir nel proxectos faraónicos , senón os parameses e o seu benestar .
8.Que a inversión de diñeiro Público nesa obra levará como consecuencia a falta de diñeiro noutras obras de máis necesidade .
9.Que o aforro e a eficiencia e a liquidez pública deben orientar a acción do goberno local .
10.Que o prioritario e ó benestar dos parameses e garantir que estes poidan ter un futuro asegurado no seu Pais :( O Páramo ) cousa que polo de agora non acontece .
11.Que a Equipa de Goberno debe encamiñar todos os seus esforzos en crear emprego :parque empresarial , bolsa de traballo pública , etc máis que invertir nun multiusus polo de agora non imprescindible .
12.E que por último o Colexo á espera duns anos pronto quedara valdeiro e será un edificio onde non se impartan clases e para daquelas o actual Colexo será o mellor multiusos


Vinculos :

Noticia do Progreso sobre multiusos pegada no foro (+pincha aquí )

Noticia do Progreso mes de abril (+pincha aquí )

3 Noticia do Progreso sobre multiusos (+pincha aquí )

Mundo Toleiran ( Humor ) : El Equipo de Gobierno de O Páramo deja tirados a los habitantes de "Base Lunar-Campo da Feira " y sin ruedas en vehículo por falta de presupuesto para construcción de Multiusos (......+pincha aquí )


Copyright © 2005 Correo de Vilarmosteiro. Todos os dereitos reservados